viernes, 17 de mayo de 2013

Da terra asoballada

Neste día de hoxe, da festa das nosas Letras véxome na obriga de tomar unha metafórica pluma para expresar unhas breves verbas sobre esta benquerida data. Quero valerme da nosa nobre lingua pare expresar a miña profunda dór por eses novos caciques e señores da terra que dende os seus tronos da capital loitan día a día por silenciar a este o noso pobo que o longo dos séculos loitou por que as súas voces se esoitaran. 

Hoxe, o Ministro Wert retoma aquela ancestral cruzada que dende o centralismo español tentou deixar tanto  o galego coma as suas outras linguas irmás da Península a marxe da sociedade, tentando tornarlas unha mera curiosidade cultural. 

De que serviron, pois, as constantes loitas dos nosos intelectuais dende aqueles Séculos Escuros nos que Galicia durmia naquela voráxine que era España?. Durmia e espertou para deslumbrar o mundo e marabillalo e para loitar, cunha voz propia e cunha lingua propia, polo seu papel no mundo.
E voltaron os poderosos e aqueles que temen o diferente, aqueles que prefiren soterrar as ideas antes de escoitalas, e Galicia comezou o que o poeta Celso Emilio deu en chamar a "longa noite de pedra".
Pero esta a nosa terra espertou unha vez máis, e ainda que o soño de Castelao de ter un Estatuto de Autonomía para Galicia fixose finalmente realidade, a día de hoxe un novo poder tenta "reformar" a educación dos nosos rapaces coma se o castelán fose unha lingua en perigo, ameazada polas malvadas linguas dos "nacionalistas". 
Pero desta vez non imos durmir, desta vez Galicia non pechará os ollos e non traizoaremos a nosa propia memoria, a memoria da nosa patria senon que loitaremos por que o galego non so non perda os seus lexítimos dereitos senon tamén por que rematen dunha vez por todas os ataques deses burros que din que nos gobernan.

Hoxe e un dia para encher o peito, aproveitar para achegarse á nosa rica e máxica literatura e, por que non, festexar o día do galego cunhas cuncas en Santiago ou cunha boa queimada.

Sen máis déixovos cun poema de Ramon Cabanillas moi apropiado para estes momentos que vivimos. Feliz Día das Letras Galegas a todos!



¡Alma nacional e ardente
canta anque che custe bágoas!
¡Teus cantares son semente!

¡Astra que os ladróns enxorden 
entre as cantigas que bican
pon as que feren e morden!

Está cativa a roseira,
mais, despois de tanto inverno...
¡Galicia ha ter primaveira!

¡Xa sei, xa sei que fan falla 
moitas fouces, moitos mistos
e moitos feixes de palla!

¡Axiña esperta Galicia 
que xa se escupe ós caciques 
e fai ruxi-la inxusticia!

¡Xa o novo día alumea! 
¡Xa a Sociedá dos labregos
ten choza de seu na aldea!

¡A noite é fría e escura
pro, ó fin, o amañecer
tráenos co sol a quentura!

¡Patriano, o meu rogo escoita! 
¡Eu quero un posto á túa beira
o roxo día da loita!
                                        
                                                                                                              No desterro, 1913

No hay comentarios:

Publicar un comentario